jueves, 29 de noviembre de 2018

SAÍDA A CASA DE PEPE

A principios de novembro por fin puidemos ir visitar o noso veciño Pepe a súa casa. Leva moitos anos recibíndonos para amosarnos os seus castiñeiros polo outono, poder ver como son as follas da árbore, os seus froitos... Como o 30 de outubro choveu, non puidemos ir apañar as castañas para o magosto e tivemos que aplazar dita saída.

Pasada unha semana, por fin as chuvias cesaban polo que decidimos sair o mércores, así que avisamos a Pepe e os peques estaban emocionados pola saída. O mércores preparémonos con chubasqueiros/abrigos, calzado cómodo, mochilas con auga e cargados de ilusión.



Antes de marchar formamos equipos de tres alumnos/as. Cada nenos/a de 5 anos "encargábase" dun neno/a de 3 anos e outro/a de 4 anos. Así fomos camiñando polo camiño que vai desde o colexio a casa de Pepe, vendo ós veciños, os cans nas casas, as árbores, as follas, o camiño De Santiago que pasa por alí,...e, por fin, entre risas, chegamos a casa de Pepe.




Na súa finca hai varios castiñeiros e levounos a apañar castañas tendo coidado cos ourizos para non nos pinchar. Enchemos o capacho e aproveitamos para recoller follas dos castiñeiros para levalas a clase.





Cando rematamos, fixemos un descanso para merendar as galletas que levaron as mestras e Pepe trouxo mel e marmelo caseiro que facían na casa para que probaran e, non probaron...devoraron!!! Pepe tamén é apicultor e coida das abellas e envasa mel. Esto lle impresionou tanto a Pablo F que estivo intentando convencer a Pepe para que o levara onde as abellas. Tanto foi así que, cando estabamos merendando, apareceu Pablo xunto con Pepe vestidos de apicultores (traxe, máscara, luvas,...) e marcharon ver as abellas!!! Pablo F estaba "flipando"!!!!

Cando rematamos, despedímonos de Pepe, collimos as castañas e puxemos rumbo ó colexio. Cando chegamos alí, puxemos a secar as follas e as castañas en papel contínuo e algúns tomaron máis merenda que trouxeran de casa para, posteriormente baixar un rato ó patio para xogar.

Ó día seguinte lembramos como fora a xornada anterior e fixemos un debuxo do que máis nos gustou da saída e, coas follas xa secas, recortámolas coas tesoiras e fixemos un collage con elas "decorando" as suas propias láminas de cor dunha folla. Todo isto puxémolo na corcheira no corredor.












Foi unha saída estupenda na que aprendimos moito!!! Gracias Pepe!


No hay comentarios:

Publicar un comentario