Xa sabedes que viñeron visitarnos OSO GRANDE e ABABA para explicarnos cousas da súa civilización pero, o outro día, nada mais entrar do recreo, a porta da aula estaba pechada. Cando a mestra quiso abrila, algo movía a porta como xogueteando, quen era? Todos os nenos/as estaban fóra da aula así que, tras varios intentos, conseguimos abrir a porta e, enriba da alfombra estaba:
UN CAN!!!!!
Tras varias investigacións, soubemos que era o can dos indios que veu na súa procura porque quería estar con eles. Pero tampouco sabíamos como se chamaba e os peques quería voltar a hacer propostas e votar PERO esta vez non ía ser así. Por que? Porque as outras veces, Roi facía propostas pero, por pouco, non gañaba o seu nome. A última vez ata chorou polo que, como bo equipo, queremos que todos sexamos felices polo que este can chamarase como quere Roi:
BÚFALO NEGRO
Despois de abrazalo e bicalo, o debuxamos no noso caderno. Así que xa adoptamos un can na clase (agardamos que non ensucie moito o chan, jeje).
Búfalo estará na aula e axudará ós nenos/as que estean tristes, que leven un golpeciño, que se porten ben,...e hoxe Búfalo Negro irá a casa de Ainara porque foi moi valente ó deixarse botar unhas gotas no ollo, polo que Búfalo quere premiala por ser tan boa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario