jueves, 25 de octubre de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O mércores, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas e, cando chegamos a clase, había unha carta...quen a puxera alí? quen a mandara? Polo que apurémonos para quitar abrigos e sentarnos na alfombra agardando saber máis!!! A carta era de Rufiño que nos propuxo unha actividade para a Rufiteca:



Así que o primeiro que fixemos foi traballar e discriminar as letras que formaban a palabra BIBLIOTECA e, despois, recreámolas con plastilina.




Tras esto, puxémonos a pensar que palabras sabemos que EMPEZAN por estas letras e, entre todos, no caso de que houbera varias, decidir cal poñer.


Decatámonos que esquecéramos a L, polo que despois, entre todos, dixeron que na biblioteca había moitos LIBROS que empezan por esa letra, así que foi a palabra escollida.

Despois repartimos tarxetas e tiñan que escribir a palabra ou palabras que máis lle gustaban, para despois elexir unha de cada coa que facer o noso cartel.


E agora que facemos co cartel? Pois o colocamos na corcheira da entrada xunto cos traballos das demáis clases do noso colexio que fixeron unhas marabillas de traballos cooperativos.



E, nesta xornada, durante o Plan Lector, disfrutamos do proxecto de "Apadrinamento lector" onde, o alumnado maior, se encargaba de 1/2 máis pequenos e lles contaban un conto. Foi unha actividade moi doce, onde o compañerismo, os lazos de amistade e a ternura destes xóvenes contacontos conseguiron que fose unha actividade xenial:











Para rematar, déixovos unha pequena curtametraxe para Fomentar a Lectura nos pequenos:




No hay comentarios:

Publicar un comentario